Actualidade

Novas, proxectos e novidades recentes

23 marzo 2026

Gala homenaxe ao grupo de teatro Tespis

Gala homenaje Tespis

O próximo 23 de marzo, por iniciativa de Francisco Oti, celebrarase no Teatro Colón de A Coruña unha gala homenaxe ao grupo de teatro Tespis


O acto, organizado pola Deputación da Coruña contará coa participación de antigos membros da compañía.


Será sen dúbida unha xornada moi especial. Unha xornada na que se rende xustiza á nosa Cultura e, moi especialmente, ao contexto teatral coruñés, situando por fin no lugar que lle corresponde ao grupo de teatro Tespis


No plano persoal, é para min unha inmensa satisfacción participar nesta xornada na que se homenaxea ao grupo no que, alá polo ano 1968, dei os meus primeiros pasos sobre un escenario, xunto con todas e todos aqueles que tivemos a fortuna de gozar deste mesmo privilexio.


🕗 20:00 h — Teatro Colón, A Coruña